Os mestres e mestras do CEIP de Castrelo participamos na obra de teatro A Ratiña Presumida que interpretamos para despedir o curso.
Tal e como xa comantaramos, realizamos entre todos os centros educativos de Cambados unha exposición sobre a vida e a obra do escultor cambadés. Durante o mes de maio e xuño foi itinerando polos diferentes colexios para poder ser visitada por todos.
Publicado en Todos | Deixar un comentario »
Pois como di o título, este día o alumnado do CEIP de Castrelo compartiu unha xornada de xogos e actividades co alumnado da EEI da Pastora, que exerceu de anfitrión.
Publicado en CEIP de Castrelo, EEI A Pastora | Deixar un comentario »
Neste mes de maio, os profes do distintos coles de Cambados visitamos diferentes colexios para contar contos.
CONTACONTOS DA PROFE INMA DE CORVILLÓN EN CASTRELO
CONTACONTOS DA PROFE BELÉN DE CASTRELO EN CORVILLÓN
Publicado en Todos | Deixar un comentario »
Na EEI da pastora dedicámoslle as Nosas Letriñas a Chema Heras. Aquí podedes ler a entrevista que lle fixemos.
ENTREVISTA A CHEMA HERAS
RAQUEL.- CAL FOI O PRIMEIRO LIBRO QUE ESCRIBICHES?
UN DE POESÍA PARA MAIORES TITULADO “NIDO DE AMOR Y CUNA”
ANDREA.- CANDO ESCRIBES?
CANDO ESTOU INSPIRADO
DANIEL.- CON QUE ESCRIBES?
ESCRIBO NO ORDENADOR
AITANA.- CANDO ESCRIBICHES O PRIMEIRO CONTO?
CANDO ERA PEQUENO, ESCRIBÍA E DEBUXABA OS MEUS CONTOS
VERÓNICA.- ESTÁS ESCRIBINDO ALGÚN CONTO AGORA?
SI, UN CONTO SOBRE O RATIÑO PÉREZ
Publicado en EEI A Pastora | Deixar un comentario »
Publicado en CEIP de Castrelo | Deixar un comentario »
Este ano, no día das letras, homenaxéase a Lois Pereiro. Se queres saber algo máis deste autor monfortino, pincha aquí.
Publicado en Todos | Deixar un comentario »
Os colexios de Cambados homenaxeamos a Ramón Cabanillas cunha ofrenda floral na que lemos poemas do autor. Ademais expóñense no paseo da calzada os paneis das letras galegas este ano dedicadas a Lois Pereiro.
EEI DA PASTORA
CEIP DE CASTRELO
CEIP ENRIQUE BARREIRO PIÑEIRO
Publicado en Todos | Deixar un comentario »
Na EEI da Pastora coa colaboración das familias, que nos mandaron a materia prima, fixemos un maio moi bonito.
Publicado en EEI A Pastora | Deixar un comentario »
Os colexios de Cambados participaron coma tódolos anos no maratón de Lectura que organiza o Concello. Este ano o autor escollido foi Álvaro Cunqueiro.
Publicado en Todos | Deixar un comentario »







![0692938001192784681-lois-pereiro[1]](http://canturias.files.wordpress.com/2011/06/0692938001192784681-lois-pereiro1.jpg?w=500)




